SAE A LICITACIÓN A REFORMA E AMPLIACIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE RIVEIRA PDF Imprimir E-mail
Miércoles, 16 de Mayo de 2012 15:58

O Boletín Oficial da Provincia recolle con data 16 de maio o anuncio de licitación da reforma e ampliación da Escola Infantil Municipal de Riveira. Esta importante actuación ten un orzamento de 739.999,99 euros e un prazo de execución de 6 meses, se ben se indica expresamente no pliego de condicións que se deberá permitir que o centro recupere a actividade na planta baixa en condicións similares ás actuais antes da finalización do cuarto mes de traballos.

O procedemento para a contratación da obra será un procedemento aberto con pluralidade de criterios de adxudicación. As empresas interesadas deberán presentar as súas ofertas dentro dos 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do citado anuncio no BOP e na páxina we do Concello (www.riveira.es). A obra está cofinanciada polo Concello de Riveira e a Xunta de Galicia (esta última institución servirase de fondos europeos Feder de desenvolvemento rexional para a súa aportación á actuación).

A súa acometida permitirá incrementar o número de prazas ata convertila na maior ou cando menos nunha das máis grandes de Galicia, cun número de alumnos de entre 180 e 200 rapaces.

 
O CONCELLO PROMOVE O USO DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA NO ENTORNO RURAL COMO MEDIDA DE AFORRO ECONÓMICO E BENEFICIO AMBIENTAL PDF Imprimir E-mail
Martes, 08 de Mayo de 2012 11:59

 

sogama

O Concello de Riveira, da man de Sogama, implantar un programa de compostaxe doméstica en medio centenar de vivendas rurais, transformando a materia orgánica xerada nun abono con excelentes propiedades para o solo. Así o anunciaron o alcalde da localidade, Manuel Ruíz, e o presidente de Sogama, Luís Lamas, nun acto público que tivo lugar na propia Casa Consistorial e no que tamén compareceron os concelleiros de Benestar Comunitario e Medio Ambiente, Jesús Freire e Elvira Pereira.  O obxectivo desta iniciativa non é outro que o de alcanzar os beneficios ambientais, económicos e sociais que este sistema trae consigo, xa que, ademais de contribuír a reducir a produción de refugallos en orixe, pechando o ciclo de reciclaxe da materia orgánica nos propios fogares, posibilita o menor depósito de desperdicios nos contedores convencionais, permitindo diminuír a súa frecuencia de recollida, así como o importe da factura que mensualmente o ente local debe pagar a Sogama pola xestión e tratamento do lixo convencional.

Dado que a separación de orgánicos no medio rural, ben para alimento do gando, ben para fabricación de abono, é unha práctica tradicional en Galicia, non supón maior trastorno para as familias participantes, coa particularidade de que, seguindo a técnica recomendada, o compost resultante adoita reunir as máximas condicións de calidade, podendo ser empregado, en sustitución dos fertilizantes químicos, nas propias hortas, xardíns e terras de cultivo particulares.

Nunha primeira fase deste programa, Sogama subministrou ao concello 50 composteiros de 360 litros de capacidade, fabricados a partir de material reciclado e reciclable, que serán distribuídos entre os fogares que voluntariamente decidan adscribirse a este proxecto. Así mesmo, dotaráselles cunha serie de manuais de apoio nos que se explican os pormenores a seguir no proceso caseiro de elaboración de compost, dando resposta ás preguntas máis frecuentes e erros máis comúns.

A fin de garantir o éxito do programa, contarase coa figura dos denominados “mestres composteiros”, é dicir, persoas ao servizo do concello, entre estes os membros de Protección Civil, que se encargarán tanto de impartir charlas informativas nas distintas parroquias como de visitar periodicamente “casa por casa” para comprobar o funcionamento do sistema, resolver dúbidas e facer un seguimento de todos os pormenores que afecten ao seu bo discorrer. Para isto, os mestres composteiros recibiron un curso específico de formación a fin de que conten cos coñecementos necesarios que lles permitan levar a cabo unha tarefa de asesoramento ás familias incorporadas a esta iniciativa e se encarguen de vixiar a evolución da experiencia de cara a garantir os seus bos resultados.

Por outra banda, e co obxectivo de intensificar a concienciación cidadá en torno á axeitada separación de residuos e posterior depósito nos diferentes contedores habilitados na vía pública, o goberno municipal procederá ao reparto de 100 lotes de bolsas de cores, de 20 litros de capacidade cada unha, coa finalidade de facer máis cómoda a segregación de refugallos en orixe. Cada lote está conformado por unha de cor amarela, na que depositar os envases de plástico, latas e briks, outra azul, para o papel e cartón, e unha terceira, de cor verde, para o vidro.

 
MEDIO CENTENAR DE ASOCIACIÓNS ACUDEN Á CHAMADA DO CONCELLO PARA BUSCAR A SÚA IMPLICACIÓN NO “XUÑO DA CULTURA E AS ARTES” PDF Imprimir E-mail
Martes, 08 de Mayo de 2012 07:34
xuocultura
Representantes de 54 asociacións sociais e culturais de Riveira participaronno salón de plenos do Consistorio nunha reunión de traballo convocada polo Executivo co fin de recabar a implicación das mesmas na elaboración do programa do que se vai denominar “Xuño da Cultura e as Artes”: unha ambiciosa proposta que ten intención de executar o Concello este ano co propósito de encher o municipio de actividades e fomentar a cultura entre a poboación no máis amplo sentido do termo.

O encontro estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz, e contou tamén coa participación da concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e dos técnicos do seu departamento Unai González e Segundo Chiqui Durán.  A pretensión do Concello é que, buscando a colaboración activa das asociacións, se consiga que todos os días do mes de xuño haxa algún tipo actividade, non só en instalacións municipais senón na medida do posible nas prazas e rúas (“temos que ser capaces de sacar a cultura á rúa”, aseverou o rexedor). Este propósito de xerar contidos non só se cingue á cidade senón que é extensivo a todas as parroquias do municipio. Durante a reunión de hoxe acordouse que as asociación interesadas en participar no deseño do programa formulen as súas suxestións ao longo da presente semana.

O alcalde tamén avanzou que para o mes de agosto está prevista a celebración doutra nova iniciativa titulada “Riveira, Cultura Mariñeira” coa que poñer en valor o patrimonio do municipio vinculado ao mundo do mar.Da actuación formarían parte propostas xa  asentadas como a Feira Artesanal e Mariñeira (aínda que rexistrando certos cambios no seu plantexamento) e outras novas, entre as cales se inclúen por exemplo dous cursos de verán das Universidades de Santiago de Compostela e Menéndez Pelayo, e unha gran festa para potenciar a promoción de produtos pesqueiros que a día de hoxe non gozan dunha gran saída comercial, como o lirio ou o congro.

 

 
A AUDITORIO DE RIVEIRA ESCENIFICA A RELEVANCIA DUNHA ACTIVIDADE FÍSICA ACTIVA E UNHA DIETA EQUILIBRADA PDF Imprimir E-mail
Miércoles, 25 de Abril de 2012 10:54

 juanatey

O Auditorio Municipal viviu un concorrido acto público co que se quixo difundir as vantaxes que para a saúde conleva unha vida máis activa e saudable. Tratábase da presentación en Riveira do Plan Galego para o Fomento da Actividade Física, Galicia Saudable, promovido por Presidencia da Xunta e que reuniu no salón de actos ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; ao secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán; ao alcalde Manuel Ruiz Rivas; e ao cardiólogo de prestixio internacional José Ramón González Juanatey, xefe do servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e presidente da Sociedad Española de Cardiología.

Ante unha audiencia na que figuraban os alcaldes de A Pobra, Boiro e Lousame -Isaac Maceiras, Juan José Dieste e Santiago Freire, respectivamente-, así como os fillos adoptivos de Riveira Ramiro Carregal e Magdalena Bringas, os membros da mesa presidencial foron explicando os beneficios que para os homes e mulleres de calquera idade entraña a actividade física e unha dieta equilibrada.

Tras a presentación do xornalista local David Bello, o primeiro en tomar a palabra foi Alfonso Cabaleiro, quen incidiu na idoneidade do acto para que os asistentes ao mesmo (e os que accedan a el por medio dos medios de comunicación) teñan a ocasión coñecer o Plan e “sobre todo, sexan capaces de poñer en práctica a actividade deportiva”. José Ramón Lete explicou que o programa Galicia Saudable é un programa que avoga por propiciar un cambio cultural entre a poboación, dado que os cidadáns teñen que ser conscientes de que a actividade física é un elemento fundamental da promoción da saúde. A este respecto, afirmou que segundo aseverou o doutor Casanueva, esta pode ser a primeira xeración da historia na que os pais vexan aos seus fillos. “Temos un problema importante como é o sobrepeso e a obesidade”, declarou. E esgrimiu: “Temos que tomar o control da nosa vida”.

O gran momento do acto chegou coa intervención de José Ramón González Juanatey, un dos maiores expertos en cardioloxía do mundo, quen pronunciou unha conferencia na que manifestou que o non fumar, o manter unha masa corporal e un peso axeitados, o realizar exercicio regular e o levar unha dieta regular evitan o risco de infarto cardiovascular. “Todos vostedes sodes coñecedores disto e está na nosa man poñelo en práctica”, dixo. A continuación manifestou que o principal problema é modificar determinados hábitos de vida chegada unha determinada idade. “Tense que producir un cambio social consistente nunha participación máis directa dos cidadáns sobre a súa saúde”, declarou, e engadiu que a educación é fundamental para conquerir este fin.

Tras unha nova intervención do secretario xeral para o Deporte, pechou o evento o alcalde Manuel Ruiz, quen destacou que entre as iniciativas se ten intención do Executivo para fomentar a práctica da actividade física figuran “dous proxectos importantísimos”, como son a realización dun entorno saudable de 4 quilómetros ao longo do río Artés/Arlés e a construción dun paseo marítimo entre Riveira e O Touro de 1,5 quilómetros. “Temos que ter a visión de permitirlle ao cidadán que disfruten do seu concello e dunha vida san”, dixo.

 
TRECE NOVOS ARTISTAS AMOSAN AS SÚAS CREACIÓNS NO AUDITORIO DE RIVEIRA ATA O 11 DE MAIO PDF Imprimir E-mail
Jueves, 19 de Abril de 2012 12:20

artebarbanza1980

O Auditorio Municipal de Riveira viviu un concorrido acto de inauguración da exposición Arte Barbanza 1980,  coa que o Concello quere divulgar a obra de 13 artistas de múltiples xéneros nacidos en torno á década dos oitenta. Esta iniciativa abrirá ata o 11 de maio e conta coa participación de Oscar Lot e Loli Regueira; a parella de performers formado por Manú Mimé e Paulova, María Magán -membro do colectivo L.I.B.A-, José Caamaño  -un dos xoves escultores participantes na mostra Encontros-Encounters  realizada en Nova Iorque-  Iria Araújo, Inés Sánchez Díaz-Marta, Pili Sampedro Lampón, Irene Saíñas, Da Dápobra, Santi Gabán e Isabel Soler Rivas.

O alcalde de Riveira Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura Elvira Pisos, e Loli Regueira e Óscar Lot en representación dos creadores implicados na mostra foron os encargados de tomar a palabra durante a quenda de intervencións . Loli Regueira salientou a importancia de achegar e facer partícipe da arte contemporánea aos cidadáns e, neste sentido, resaltou a oportunidade de poder celebrar esta mostra no auditorio riveirense.  “Como o bo escritor faise a base de ler e ler, a observación na arte tamén se cultiva percorrendo museos e exposicións, que nos aprende a ver unha arte actual chea de códigos como é a arte contemporánea”, afirmou. Óscar Lot explicou que na exposición se poden atopar propostas de fotografía, pintura, gravado, escultura... que chegan a través das visións que os creadores teñen do seu entorno ou do momento en que lles tocou vivir.

En canto á Manuel Ruiz, animou aos veciños a que non deixen de achegarse ao Auditorio e busquen captar a beleza que hai detrás das obras que se exhiben. Neste sentido, recordou que cando hai 100 anos de produxo a revolución máis importante no concepto de entender a arte, moita xente tampouco entendía o que era o cubismo, o fauvismo e a arte abstracta “e 100 anos despois a ninguén se lle ocurriría poñer en cuestión todo o que significa todas e cada da unha desas expresións artísticas”, dixo. O rexedor municipal tamén salientou a aposta que se está a dar dende o Executivo para poñer en valor a cultura no municipio. Tal é o caso da recente participación de artistas locais na exposición en Nova York Encounters ou o feito de que fora asumida pola alcaldía de Riveira a presidencia da Fundación do Museo do Gravado de Artes, cuxa exposición “Los Desastres de la Guerra" de Goya en San José de Costa Rica, xa sumou ata o momento máis de 15.000 visitantes, resultando un absoluto éxito. “Isto é precisamente o que a min me gustaría que puidese ocurrir aquí: non só no meu concello, senón en toda a sociedade de Barbanza e en toda Galicia”, declarou.

detalleartebarbanza1980

 
O ALCALDE RECIBIU NO CONCELLO AOS DOCENTES E ALUMNOS DE 7 PAÍSES QUE PARTICIPAN NO PROXECTO EUROPEO ‘FREE MINDS, OPEN HEARTS’ PDF Imprimir E-mail
Miércoles, 18 de Abril de 2012 11:59

 

 comeniusregio

O alcalde de Riveira recibiu no salón de plenos do Consistorio aos alumnos e profesores de 8 centros escolares de secundaria e de educación preuniversitaria de 7 países que están a participar no proxecto Comenius Regio Free Minds, Open Hearts. Con motivo desta iniciativa de colaboración europea, 51 alumnos e 23 profesores recalaron  no municipio para desenvolver a reunión final do proxecto e, de paso, tomar parte en distintas actividades lúdico culturais na comarca e no seu entorno.

Olegario Sampedro como coordinador galego do proxecto; Ana Valdés como directora do IES Número 1; Anton Schicker como coordinador xeral en Munich; e o propio alcalde, sentáronse na mesa presidencial do salón, que estivo totalmente repleto polos docentes e escolares procedentes de Alemaña, Igalia, Holanda, Portugal, Turquís, Polonia e España participantes no citado proxecto. Tamén estivo a concelleira de Educación, Maricarme Vizcaya.

Ruiz Rivas felicitou aos participantes en Free Minds, Open Hearts e resaltou as cualidades pedagóxicas do mesmo. “Ter a mente libre de prexuízos é o que despois te posibilita coñecer e achegarte aos demais“, afirmou. O rexedor desexou aos visitantes unha grata estancia no municipio. Anton Schicker agradeceu a invitación e manifestou a honra que supón para todos os integrantes deste proxecto poder finalizalo nun lugar tan fermoso como Riveira.

 
O PROGRAMA GALEGO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ‘FALAREDES’ TRAE A RIVEIRA TRES ACTIVIDADES AO LONGO DO ANO PDF Imprimir E-mail
Sábado, 14 de Abril de 2012 10:58

falaredes 

O novo programa de normalización lingüística FalaRedes, que promove a Xunta de Galicia a través da súa Secretaría Xeral de Política Linguística, vai desembarcar en Riveira mediante a celebración de tres actividades ao longo deste ano 2012. Así o deu a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, nunha presentación no Consistorio riveirense na que estivo acompañado polo rexedor municipal Manuel Ruiz.

FalaRedes é un programa dirixido ás entidades locais pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (entre as que se atopa Riveira) e que ten como obxectivo a promoción do uso do galego. Esta acción constará dun total de 250 actividades repartidas polos 93 concellos da Rede, cun público potencial de 700.000 persoas. Polo que respecta ao municipio riveirense, as tres actividades que xa están programadas son: Títerehop (obradoiro que mestura o hip-hop cos monicreques que se desenvolve o sábado 14 de abril en dúas sesións -de 11 a 13.30 horas e de 17 a 19.30 horas- no CEIP O Grupo e está dirixido a mozos e mozas de 13 a 17 anos); Galego de Cine (consistente na proxección de curtas infantís en galego que irán acompañadas de actividades de compresión das películas emitidas; terá lugar o sábado 19 de maio, de 11 a 14 horas, no Avenida do Malecón, e está enfocado a nenos e nenas de 3 a 12 anos) e O Señor das Dunas (un espectáculo para a toda a familia no que un contacontos narrará cinco relatos populares galegos; será o domingo 2 de decembro ás 17.30 horas no Auditorio Municipal). 

 
O MERCADO PROVISIONAL ABRE AS PORTAS Á ESPERA DO EDIFICIO QUE VAI MARCAR UN ANTES E UN DESPOIS NA FACHADA MARÍTIMA DE RIVEIRA PDF Imprimir E-mail
Martes, 03 de Abril de 2012 16:32

derrubo

Tras 40 anos de vida, o mercado municipal de Riveira xa é historia. O alcalde Manuel Ruiz e a directora xeral de Comercio da Xunta, Nava Castro, protagonizaron un acto co que se pretendeu  simbolizar o inicio de derrubo deste inmoble, retirando coa asistencia dun operario o letreiro que dende antano preside a fachada dianteira da edificación. Acto seguido, declarouse oficialmente a apertura do mercado provisional que durante polo menos un ano e medio funcionará na confluencia da rúa Canarias coa rúa Galicia.

Neste segundo acto, Ruiz Rivas e Castro Domínguez estiveron acompañados da praceira máis veterana á hora desvelar o cartel anunciador co que se quere dar a benvida aos potenciais consumidores. Sen máis dilación abríronse as portas da instalación temporal, onde xa estaban preparados nos seus respectivos postos os vendedores e vendedoras que, engalanados cos seus novos uniformes regulamentarios, atenderon xa aos primeiros clientes.

Pero os actos non remataban aí, senón que o salón de sesións da Casa Consistorial foi escenario a continuación da presentación do proxecto do novo mercado: unha infraesturura de 3,5 millóns de euros que está previsto licitar de inmediato, comezar a construír en agosto e finalizar non máis tarde de decembro de 2013. Sobre esta edificación vangardista, Manuel Ruiz sinalou “que vai marcar un antes e un despois na estética do que ten que ser a nosa fachada marítima”. De feito a estrurura vai semellar un "barco de cristal", coa fachada inclinada e tramas de peixes serigrafiados na súa estrutura acristalada.

O inmoble comprenderá unha planta soto para ubicar as cámaras frigoríficas e os labores de carga e descarga, unha planta baixa para produtos do mar e tres plantas máis: a primeira albergará carnes, froitas e verduras; a segunda produtos non perecedoiros; e a terceira un restaurante, que disporá de terraza no teito do edificio.

Manuel Ruiz afirmou que para chegar ata aquí houbo detrás o traballo de moita xente e resaltou o labor da anterior Corporación Municipal, que ideou o proxecto Riveira Atlántica que permitiu conseguir os fondos europeos Feder que cofinancian este e outros proxectos. Tamén agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia, que vai destinar 900.000 euros a esta actuación en virtude dun convenio de colaboración que se vai asinar entre o Concello e a Dirección Xeral de Comercio; así como o traballo desenvolvido por persoal municipal e polos arquitectos Ángel Cid (redactor do proxecto de derrubo) e Celso López Martín (redactor dos proxectos da carpa e do novo mercado).

mercadoprovisional

 
ALUMNOS DO COLEXIO DE FRIÓNS VISITAN A CASA DO CONCELLO PDF Imprimir E-mail
Sábado, 31 de Marzo de 2012 12:07

frions

Dezaseis alumnos de 4º de Primaria do CEIP de Frións efectuaron unha visita a Casa do Concello de Riveira. Os rapaces, de catro nacionalidades distintas, estiveron acompañados dos seus profesores e do director do centro, Luís Teira.

Os rapaces tiveron oportunidade de coñecer as distintas dependencias en que se distribúe o inmoble municipal, tales como as oficinas xerais, a área de urbanismo a parte reservada ao arquivo ou o propio despacho do alcalde. A responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, exerceu de cicerone durante o percorrido polas distintas estancias, no que tamén estivo a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya.

A última das dependencias visitadas foi o salón de plenos do Consistorio, onde o rexedor Manuel Ruiz Rivas se someteu ás preguntas que lle quixeron facer os nenos e nenas do CEIP de Frións, en torno a cuestións tales como en que se divide o día día dun alcalde ou cales son as principais dificultades á hora de conciliar a vida familiar coa laboral.

 
PRACEIRAS E PRACEIROS DE RIVEIRA VISITAN OS MERCADOS MUNICIPAIS DA CORUÑA PDF Imprimir E-mail
Jueves, 29 de Marzo de 2012 10:29

consistoriocorua

Unha vintena de praceiras e praceiros de Riveira acudiron ata a cidade de A Coruña para visitar as instalacións de dous dos mercados de abastos máis punteiros que existen a día de hoxe en Galicia: o situado no barrio de Elviña e o da Praza de Lugo, no centro da urbe herculina. Ademais de consultar o funcionamento dos centros de venta tiveron ocasión de falar e compartir impresións cos seus homólogos coruñeses.

O alcalde Manuel Ruiz e o edil Vicente Mariño tamén participaron nesta viaxe, na que foron recibidos no Consistorio de María Pita polo rexedor municipal Carlos Negreira e o seu equipo. Tamén a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, quixo saúdar aos operadores riveirenses unha semana antes de que se reecontre con eles na apertura do Mercado Provisional, que está previsto para o martes 3 de abril ás 9.30 horas.

Xa pola tarde, por cortesía do Consorcio de Turismo de A Coruña, os praceiros tiveron a oportunidade de visitar algúns dos lugares turísticos máis emblemáticos da cidade herculina, como a Torre de Hércules, a Cidade Vella ou o Monte de San Pedro.

prazalugo

 

 
MÁIS DE 200 NENOS E NENAS DE RIVEIRA CELEBRAN A DÍA DA ÁRBORE NO PARQUE NATURAL PDF Imprimir E-mail
Viernes, 23 de Marzo de 2012 18:59

diaarbore

Máis de 200 rapaces de 4ª de Primaria participaron nos actos conmemorativos do Día da Árbore que tiveron lugar no centro de interpretación CIELGA do parque natural. Procedentes dos colexios Frións, Bayón, Galaxia, Sagrado Corazón (Castiñeiras), La Milagrosa (Oleiros) e da Asociación Ambar, os rapaces disfrutaron dun soleado día no que tiveron ocasión de practicar distintas actividades en contacto coa natureza, visionaron una vídeo sobre o parque de Corrubedo e as súas especies e tiveron ocasión de plantar diversas árbores autóctonas, das especies bidueiro, castiñeiro e sobreira.

Esta última acción foi realizada baixo a mirada do alcalde Manuel Ruiz Rivas, quen destacou a idoneidade deste tipo de accións para que os veciños máis novos se eduquen e sensibilicen sobre a importancia de preservar o noso patrimonio ambiental. Tamén estiveron presentes as concelleiras de Medio Ambiente e Parque Natural (Elvira Pereira) e Educación (María del Carmen Vizcaya), o edil de Seguridade Víctor Reiriz, e a directora do parque, África Núñez.

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Página 1 de 17